Presentación
A 3ª edición do Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña celebrarase ao longo do venres 24 de xullo do 2026, entre as 9:00 e as 20:00. O telemaratón por internet para conectar a Galicia territorial coa Galicia exterior poderase seguir en directo na Canle de Youtube do IGADI.
As protagonistas da 3ª edición serán os Centros e asociacións galegas arredor do mundo, xunto as novas formas de conexión da Galicia exterior coa Galicia territorial. Daremos a volta ao globo, por medio de episodios xeográficos xunto a episodios de autor… e as necesarias Pausas de hidratación, moito mellores que as da Copa do mundo. Chegamos cheos de sorpresas: Alba Mancebo e Miguel Canalejo presentan o Maratón de Galeguidades 2026!
A edición do próximo venres 24 de xullo bebe do 1º Maratón de Galeguidades no 2024, no que realizamos conexións con 27 países dos 5 continentes, así como da 2ª edición do 2025, cando realizamos 14 episodios temáticos, preguntándonos como conectar mellor a Galicia territorial coa Galicia exterior: música, economía, redes sociais, ciencia, cultura…
A data escollida, na véspera do Día de Galicia, quere dotar de contidos a relación de onte e de hoxe de Galicia coa súa emigración. Especialmente no 2026, no contexto do próximo XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas a celebrar no Brasil o 11 e 12 de novembro.
Colabora canda nós e difunde nas redes sociais usando o cancelo:
Sabes dalgunha persoa, centro galego, asociación ou proxecto que debera facer parte no Maratón?
O IGADI define o Maratón de Galeguidades como un exercicio de intelixencia colectiva e diplomacia pública para poñer en valor a diáspora galega como ferramenta de proxección internacional de Galicia.
INFORME MARATÓN 2026
O IGADI ten na relación coa diáspora e as migracións galegas unha relación de décadas, ligada a súa natureza como think tank de relacións internacionais (1991-2026). Unha tradición que actualmente proxéctase por medio do noso Observatorio das Diásporas, que durante o 2025 desenvolveu un especial sobre o Ano Castelao e durante este 2026 achégase ás Novas cidadanías e a Lei de Memoria Democrática.
Se no 2024 realizamos o 1º Informe do Maratón de Galeguidades, para identificar as potencialidades da diáspora, como axente para impulsar a Lei Galega de Acción Exterior, o 2º Informe do Maratón do 2025 centrouse en analizar como mellorar a conexión cotiá entre a Galicia territorial e a Galicia exterior desde 14 temáticas: economía, memoria, redes sociais, cinema, literatura, estudos galegos, a lingua portuguesa…
O Informe do Maratón de Galeguidades 2026 recollerá as ensinanzas das tres primeiras edicións do Maratón, no contexto do próximo XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas. Estará dipoñible o 9 de setembro.
Roteiro
Na edición do 2026 daremos a volta ao mundo coa diáspora galega! Xa temos as primeiras participantes e cada día, SORPRESAS! As horas da programación do Roteiro son as galegas ;)
- 09:00 Presentación Maratón de Galeguidades 2026
- 09:30 Episodio IGADI-Centros galegos no Indopacífico
- 10:15 Episodio Orgullo Galego-Novas Galeguidades: Experiencias de integración e identidade
- 11:00 1ª Pausa de Hidratación
- 11:30 Episodio EmigraSon-Diásporas en diálogo
- 12:15 Episodio IGADI-Centros Galegos en Europa
- 13:00 2ª Pausa de Hidratación na IGADI TV
- 13:30 Episodio IGADI-Centros Galegos en España
- 14:15 Episodio Ramón Méndez-O toque galego nos videoxogos
- 15:00 3ª Pausa de Hidratación
- 15:30 Episodio Podgalego-Voces de fóra para dentro
- 16:15 Episodio Olaxonmario-Facer Galicia desde fóra: redes sociais, identidade e pertenza
- 17:00 4ª Pausa de Hidratación
- 17:20 Episodio IGADI-Novas cidadanías e Lei de Memoria Democrática
- 18:15 Episodio IGADI-Centros galegos nas Américas
- 19:00 Final do Maratón de Galeguidades 2026
Data e Hora Local: 2026-07-24 09:00 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Presentación Maratón de Galeguidades 2026

Alba Mancebo
Presentadora do Maratón de Galeguidades 2026

María Xosé Porteiro
Consello Asesor do IGADI. Xornalista, escritora, antiga Delegada da Xunta de Galicia en Arxentina e Medalla do Parlamento de Galicia 2026.

Christoph Schreinmoser
Director do IGADI. Profesor da Universidade da Coruña.

Roi P. Vila
Rede IGADI. Responsable de comunicación do Maratón de Galeguidades 2026. Politólogo e consultor
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 09:30 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio IGADI-Centros galegos no Indopacífico

Daniel Gonzalez Palau
Rede IGADI. Condutor do episodio

Ramón García
Presidente Asociación de galegos en Australia-Sidney

Anik Nandi
Director do Centro de Estudos Galegos na India-Telangana

Javier López Prol
Participante desde Corea do Sur
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 10:15 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio Orgullo Galego-Novas Galeguidades: Experiencias de integración e identidade

Orgullo Galego
Episodio de autor

Borxa González Castro
Orgullo Galego-Condutor do episodio

Sara Egas
Participante desde Galicia

Víctor
Un peruano que fala galego, IG: @víctorengalicia

Christoph Schreinmoser
Director do IGADI. Profesor da Universidade da Coruña.
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 11:00 Diferenza de Fuso Horario:UTC
1ª Pausa de Hidratación

Alba Mancebo
Presentadora do Maratón de Galeguidades 2026

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación da Coruña desde o ano 2015 e Alcalde das Pontes de García Rodríguez desde o 2007.
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 11:30 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio EmigraSon-Diásporas en diálogo

EmigraSon
Episodio de autor

David Rebollo
Festival EmigraSON-Condutor do episodio

Noemí Figuerola Mera
Presidenta Irmandade Galega na Suiza-Xenebra

Paula Sabajanes
Rede IGADI. Coordenadora IGADI-Observatorio das Diásporas (Arxentina)

Karan Novo
Festival EmigraSON-Bruxelas
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 12:15 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio IGADI-Centros Galegos en Europa

Facundo Reyna-Muniain
Rede IGADI. Coordenador IGADI-Observatorio das Diásporas (Alemaña)

Matías Vázquez Vázquez
Secretario da Asociación Cultural Galega A Roda de Lausanne.

Elena R. Romero
Presidenta Galéire, a Asociación Galega en Irlanda

Carolina Silva Méndez
Presidenta da Asociación Pro-Fundación Manoel Vello
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 13:00 Diferenza de Fuso Horario:UTC
2ª Pausa de Hidratación na IGADI TV

Alba Mancebo
Presentadora do Maratón de Galeguidades 2026

Konachadas
Influencer galegofalante. Gañadora da edición 2026 do certame Youtubeiras+ da Deputación da Coruña.

Xosé A. Touriñán
Actor, humorista... e organizador do Festival Castelo Conta (Castelo-Culleredo, 24-30 de agosto)
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 13:30 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio IGADI-Centros Galegos en España

Daniel Gonzalez Palau
Rede IGADI. Condutor do episodio

Pilar Ansede
Presidenta do Centro Galego de Barcelona

David Rodríguez Domínguez
Presidente do Centro Galego de Burgos

María Jesús Rodríguez García
Presidenta do Lar Galego de Pamplona

Mónica Calvo Fernández
Presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi e do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 14:15 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio Ramón Méndez-O toque galego nos videoxogos

Ramón Méndez González
Condutor do episodio

Ana Aboal Beloso
Participante desde o Reino Unido

Pablo Monroy
Participante desde Galicia

Pablo Fernández Cabanas
Participante desde Polonia

Enrique “Pentadrangle” Martín
Participante desde Francia
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 15:00 Diferenza de Fuso Horario:UTC
3ª Pausa de Hidratación

Miguel Canalejo
Presentador do Maratón de Galeguidades 2026

Prado Rúa
Influencer galegofalante, con creación de contidos específica para a diáspora galega
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 15:30 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio Podgalego-Voces de fóra para dentro

Podgalego.org
Episodio de autor

Uxío Broullón Villar
Condutor do episodio

Silvio Falcón
Podcast Bueno Carallo Bueno (Barcelona)

Carlos Barros
Podcast Mi Madriña (Londres),

Juan Vergara
Podcast Fóra de Mapa (Bruxelas)
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 16:15 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio Olaxonmario-Facer Galicia desde fóra: redes sociais, identidade e pertenza

Mario Brión
Condutor do episodio

Jesús Balboa
Un galego ben brasileiro 🇧🇷

David Ramos Arcos
Creador de contido en galego: Facendo comentadas para as miñas chiiicas!! 🧸🎀
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 17:00 Diferenza de Fuso Horario:UTC
4ª Pausa de Hidratación

Miguel Canalejo
Presentador do Maratón de Galeguidades 2026

Susana Mangana
Rede IGADI. Analista internacional uruguaia-galega
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 17:20 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio IGADI-Novas cidadanías e Lei de Memoria Democrática

Paula Sabajanes
Rede IGADI. Coordenadora IGADI-Observatorio das Diásporas (Arxentina)

José María Ridao Domínguez
Consul General de España en Buenos Aires

Violeta Alonso Peláez
Presidenta do Consello da cidadanía española no exterior

María del Pilar Diaz
Consejera CRE (Consello de Residentes Españois) en Buenos Aires

Juan Manuel de Hoz
Portavoz de CEDEU (Centro de Descendientes de Españoles Unidos)

Francisco López
Portavoz da plataforma cidadá "Por máis dereitos"

Gastón Torres
Director de Colectividades da municipalidade de Rosario e presidente do Club Español de Rosario
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 18:15 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Episodio IGADI-Centros galegos nas Américas

Daniel Gonzalez Palau
Rede IGADI. Condutor do episodio

Jesús Alberto Bello Couselo
Presidente Hermandad Gallega de Venezuela

Carlos Oscar Ameijeiras Miñones
Presidente da ABC do Partido de Corcubión, Arxentina

Ricardo González Méndez
Presidente do Lar Galego de Chile

Francisco Javier Piñeiro Garrido
Presidente da Associação Cultural Hispano Galega Cabaleiros de Santiago de Salvador de Bahía (Brasil).
Engadir na túa axenda
Data e Hora Local: 2026-07-24 19:00 Diferenza de Fuso Horario:UTC
Final do Maratón de Galeguidades 2026

Miguel Canalejo
Presentador do Maratón de Galeguidades 2026

Lorena Lores
Compañía Teatral Galega de Buenos Aires

Xandre Muiño Garrido
Influencer galegofalante, de Carballo para o mundo!

Simón Antonio Rodríguez Landaeta, alias Galego de Caracas
Poeta, recitador escénico e rapeiro

Roi P. Vila